Friday, May 16, 2008
Prensa
Estas son as novas saídas na prensa que fan referéncia ao XIV Premio de poesía Suso Vaamonde:
-- EL Correo gallego (picar)
--Open. Vieiros (picar)
--Fervenzas Literarias (picar)
Thursday, May 15, 2008
...da bitácora de Modesto Fraga
O poeta Modesto Fraga ven de adicar unha entrada ao libro "Antítese nativa" de Manuel Lôpez Rodrígues có gallo do galardón acadado recentemente por parte da Fundación Amigos de Galicia. Para acceder picar aquí
XIV Certame de Poesía Suso Vaamonde
Wednesday, May 14, 2008
Manuel Lôpez Rodrígues
Premiado "Antítese nativa" do poeta de Sacou Manuel Lôpez Rodrígues
A "Fundación amigos de Galicia" ven de concederlle o XIV Certame de Poesía Suso Vaamonde a Manuel Lôpez Rodrígues polo seu poemario "Antítese nativa". O xurado estivo formado por Luís G. Tosar, Xosé Alonso e Antón Grande. A entrega do premio farase efectiva o Sábado 17 de Maio (Día das Letras Galegas) no Parque Enrique Valdés Bermejo en Vilagarcía de Arousa. O libro galardoado será próximamente publicado. Seguiremos informando a medida que vaimos tendo coñecemento...
Tuesday, May 13, 2008
Teatro
Do 2 de maio de 2008 ao 18 de maio de 2008 temos no Salón Teatro de Santiago de Compostela a obra "Estigma" do Centro Dramático Galego. Iniciado no verán de 2007 como exercicio de escrita a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática. Dani Salgado, coordinador do proceso de escrita, exerce agora como director escénico desta
montaxe, para o que comezou o traballo cun reparto para cinco actores: Xavier Deive, Xosé Manuel Esperante (que fora director e actor do Grupo Teatral "éteatro", do Círculo do Colectivo Sacou), Clara Gayo, Vicente de Souza e María Tasende Cotelo.
Animamos a todos os sacousos que se acheguen a Compostela a ver a posta en escena do CDG e a actuación do noso amigo Xoséma Esperante. Para mais información picar aquí.
Friday, May 09, 2008
Orfeu en soños
O día 27 do 1 de 2006 a periodista Ana Martinez sacaba unha nova no xornal ABC onde se facía referéncia ao libro de Ramón Blanco "Orfeu en soños" que se acababa de presentar na "Galería Sargadelos" en Santiago de Compostela. (Picar para lér a crónica)
Wednesday, May 07, 2008
Lecturas recomendadas
Syra Alonso. Diarios. Ed. A nosa Terra. Colección: Mulleres (nº 3). Vigo, 2000 Tradución do castelán: Anxos Sumai.
Este libro garda a memoria dunha muller valente. Syra Alonso Brufau escribiu estes diarios, que son en realidade dous cadernos de memorias redactadas respectivamente en Tordoia (datadas en Compostela en 1938) e Actopán (Veracruz - México, en 1945).
No primeiro relata a traxedia de 1936, cando fusilan na Coruña ao seu home, o pintor Francisco Miguel Fernández Díaz, co que vivía en Oleiros, na que ela chamaba a "Casa da Felicidade". A autora consegue transmitirnos a súa angustia agardando a liberación do home, que non chegará nunca, e paralelamente déixanos pinceladas terríbeis da represión franquista en Galiza.
No segundo caderno conta o que foi a súa vida desde o asasinato de Francisco Miguel até que consegue marchar a México, levando con ela aos seus tres fillos. Mais esta partida é en realidade un regreso, porque xa vivira alí co seu home, de 1926 a 1933, cando coincidran coa intelectualidade revolucionaria que inundaba aquel país, onde tan ben foran acollidos.
Lendo estas páxinas, debatémonos entre dous sentimentos: a ledicia porque a arte desta escritora non fose eclipsada pola fama do pintor, e a tristura por pensar que a isto contribuíu a desgraciada morte del, ruptura do seu auxe pictórico e causante destas memorias.
O que nos fascina deste libro é a frescura, dureza e sensibilidade do testemuño de Syra Alonso, e a emoción contida en moitos episodios, como o que se conta no capítulo XV do primeiros "diario".
por Ramón Blanco (Colectivo Sacou). Extraído do nº 2 da revista Terra de Outes
Tuesday, May 06, 2008
Hemeroteca
O día 14 de abril do 2004 saía na prensa unha nova sobre as actividades que o IEs Virxe do Mar de Noia, co gallo da súa "Semana Cultural", tiña previsto realizar no centro. O Colectivo Literario Sacou estaba, entre moitos outros, no programa de dito evento.
Picar para lér a nova
Saturday, May 03, 2008
Fotografías
os días felices que nunca se esquencen...
Hemeroteca
O día 15 de maio do 2004 saía na prensa a noticia dos premios do certame Francisco Añón que eran entregados na casa de cultura da Serra de Outes. Oscar Sendón do Colectivo Sacou sentábase na mesa con Xabier Castro e o alcalde de Concello, entre outros.
(picar para lér a nova e ver a fotografía)
Wednesday, April 30, 2008
Dia das letras galegas
Iria Lago
"Marcho o luns para Buenos Aires alí me agarda un hotel fantástico en Palermo Soho e unha nova Feira..." Estas son as palabras de Iria Lago na última entrada do seu blog. Está claro que as/os rapazas/es do Sacou non teñen parada no que a traballo se refire. (Do espirito viaxeiro mellor non falemos...).
Picar para seguir lendo
Proxectos audivisuais
Conferencias
O membro do Colectivo Sacou; Manolo do Río lisca esta semana para parís a onde vai dar unha conferencia sobre as "Cibercidades" (“Mapping the unmappable”: Aplicando o xiro espacial ás coordenadas da literatura galega). Durante toda a viaxe o autor e conferenciante irá dando as aventuras, desventuras e eventualidades na súa bitácora. Estaremos atentos.
Nesta web informaremos tamén de todo canto vaia ocorrendo. Polo de agora ofrecémosvos o programa enteiro picando aquí
Tuesday, April 29, 2008
Terra de Outes
Neste número podense lér artigos como "A morte de Chema Fuentes" , "Os Horreos de San Lourenzo", "As cartas forais de Vara" e unha entrevistas con Ana Lagares entre moitas outras seccións.
Os membros do Colectivo Sacou; Ramón Blanco e Manolo do Río participaron con diversos escritos.
O prezo da revista é de 1 euro e para mercala podesde poñervos en contacto coa Casa da cultura do Concello de Outes.
Dirección:
Avda. San Campio, nº 1, 15230 Serra de Outes
Teléfono: 981 850 950
Sunday, April 27, 2008
Estatísticas web
Agora podes consultar o número de visitantes que esta web tem diaria, mensual e anualmente picando cá Deixamos esta opçom aberta para que todos os membros, amigos e visitantes do blog do Colectivo Sacou accedades a estes e outros datos sem necesidade de introducir claves ou contrasinais.
Saturday, April 26, 2008
Xornadas Francisco Añón
"A fronte despexada, moi ancha, da que vai recuando o cabelo, que semella levado pra tras por un vento de treboada -o vento de que foi xoguete a vida do gran romántico, do gran viaxeiro, que foi un piuco com' as follas secas que cantou Castor Elices, ánimo incerto, que loita desespradamente co-a sorte, que é o vento qu' axita ises cabelos, botados pra tras, co ise peiteado que n-aquil tempo chamban à la Robespierre, en consonancia co-as ideas do autor do Himno dos povos, o cual amostra tamén un bigore castelarino, com' as sobrecellas... Añón tiña un dermatoesquelete repubricán..."Vicente Risco
"Paralelamente ô verso bárdico 'Os tempos son chegados' dixo Añón: 'O tempo s' apresura -Querida patrea, escoita -Ise xemido rouco que racha o aire ván'. Chegaba unha realidade pol-o entón, redentora. Añón no seu cerne vate da Terra cantou o progreso. Viña pra esparexar a morna priguiza anterga. Inda deitaban por riba do verdecer dos liños, sombras abafantes de estreituras noxentas".Ramón Otero Pedrayo
Texto extraído do blog de Manolo do Río (Trasalba)
Iria Lago
A que fora presidenta do Colectivo Sacou e agora directora de publicacións da editorial noiesa Toxosoutos, Iria Lago, xa conta cun blog persoal-profesional.
Para os curiosos e interesados picar aquí
Saturday, April 19, 2008
Critica de libros
Orfeu en soños é a primeira obra do poeta de Serra de Outes Ramón Blanco, membro do Colectivo Sacou. O libro, que conta con ilustracións M. Mariño Reino, divídese en dous partes: unha primeira, "Rústicas flores", con quince composicións de temática diversa; e unha segunda, "A morte e a morte de Ofelia Gonçalves", con oito composicións organizadas como unha elexía. A voz dos poemas incorpora unha serie de achegas fragmentarias que a descentran e dispersan nun intento calidoscópico de captar imaxes, voces exteriores, superposición de coordenadas cronolóxicas e de afondar na introspección da expresión lírica. O poemario é, en síntese, unha mestura de xéneros, estilos e materiais nunha paisaxe culturalista e asemade cotiá. Así poden recorrerse referencias paródicas (e non) á lírica medieval, Pessoa, Cunqueiro, Elliot, Pound, e unha larga lista de fontes literarias tanto da tradición occidental como da galego-portuguesa. Pero tamén están presentes a expresión da angustia amorosa e as invitacións ao amor erótico ou a cidade como escenario da deshumanización moderna.
Extraído do INFORME DE LITERATURA 2005
Agradecementos
O grupo musical Shine d´A Coruña agradeceu no seu blog ao Colectivo Sacou pola súa asistencia ao concerto que deron no Café Antano na Serra de Outes. Desde aquí felicitalos a eles por tan grande actuación e desexarlle o mellor no futuro. Agardamos telos por aquí perto o mais axiña posibel.
Picando aquí podedes ollar as fotografías sacadas nese día onde, ademais dos membros de Shine, podedes ver aos membros de Sacou: Ramón Blanco, Manuel Lôpez Rodrígues, Manolo do Río... a María Sacido e José Sóñora (Joe) de ÉTEATRO e a diversos amigos achegados deste entorno cultural como "os luíses", "as Anas", etc... etc...
Francisco Añón
Thursday, April 17, 2008
Eventos
A noticia dada polo xornal "La voz de Galicia" podese lér picando aquí
Tuesday, April 15, 2008
Hemeroteca
O 01 de novembro do 2003 saía na prensa unha nova referente as IV Xornadas de defensa da cultura galega que organizaba o Colectivo Sacou. A sesión de apertura servira para poñer de manifesto en Noia a sinal deixada por Antón Avilés. O acto fora presentado por Manuel Lôpez Rodrígues e aproveitouno Iria Lago para arremeter contra os "oportunistas" do "Ano Avilés". Podedes ollar na fotografía da noticia dada por "La voz de galicia" a Nacho Suarez (flor de toxo) e a Manolo do Río; ambos membros de Sacou.(picar para lér a crónica)
Saturday, April 12, 2008
Conferencias (2)
Ese día (anque a chegada á cidade estaba prevista para o día anterior) remataba a pequena peregrinaxe a Santiago que, dende o Courel, emprendeu un grupo de estudantes de Filoloxía Hispánica da Universidade de Paderborn, baixo a dirección da Profesora e Doutora Cristina Bischoff. A excursión, acompañada de varias ponencias realizadas polos estudantes, formaba parte dun programa de acercamento á cultura galega. En Compostela, os visitantes foron agasallados con dúas conferencias sobre a nosa língua e literatura: unha a cargo de María López Sández (Doutora pola USC, Profesora de Secundaria e especialista na paisaxe na literatura galega), que consistiu nunha panorámica global das nosas letras e historia literaria; e a outra a cargo de Manuel do Río, membro do antigo Colectivo Sacou, que se centrou na lectura e contextualización das principais correntes e autores poéticos galegos do século XX. Percorrido que incluiu textos de (entre outros) Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, X.L. Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra e Noel Blanco Mourelle.
Despois das ponencias tivo lugar un paseo pola cidade vella, onde o grupo alemán foi familiarizado coa xeografía e a historia das nosas pedras, antes do seu merecido descanso trala camiñata. O venres pola mañán, os estudantes presentaron algunhas das ponencias que prepararan.
Os contactos seguen en activos, para seren reanudados en moi breve, nas xornadas sobre literatura e cidade que terán lugar en París entre o 1 e o 12 do mes de Maio.
Wednesday, April 09, 2008
Conferencias
Rámon Blanco e Manolo do Rio, ambos membros do Colectivo Sacou, estaran próximamente no ciclo de conferencias que terán lugar na Serra de Outes sobre a figura de Francisco Añón. Daremos conta sobre esta noticia en vindeiras entradas e con maior información.
Thursday, March 27, 2008
Concerto expansivo
Este video foi gravado durante a Actuaçom Nunca Mais o 1-02-2003 em Noia de 7 LVVAS com Fran Velo de Heredeiros da Crus ao baixo. Clips de "A do Candám" e "Demo".
Ditos temas estam introducidos por umhas verbas de Manolo do Río (membro do Colectivo Sacou).
Aínda que nom se escuita muito bem, pode-se apreciar como Fredi fai mençom a certos concertos censurados de Heredeiros da Crus e a algum tema de 7 Lvvas.
Alfredo Barreiro estase a referir exactamente ao aviso dado por parte do Concelho de Noia (naquel intre baixo goberno dumha alcaldesa do PP) a Radio Noia, à que se lhe recomendava nom "pinchar" o tema "calexons" por "incentivar à mocidade ao consumo do alcol e das drogas". O curioso do asunto é que "calexons" é umha fermosa cançom de amor.
Como dato curioso compre dizer que Manuel Lôpez (C. Sacou) que trabalhava (como colaborador) em dita radio (com programas musicais e deportivos) foi o derradeiro locutor que tivo a emisora, ao ser fechada de maneira repentina e definitiva polo citado Concelho mentres se estava emitindo o seu programa "Espiral" (todo isto meses depois da polémica e de que Radio Noia se negase a acatar os ditados do goberno local).
Essa mesma tarde a ACRN (Asociaçom de colaboradores de Radio Noia) entrava pola força na emisora conseguindo emitir durante 20 minutos um comunicado contra o feche).
Hoje em día (e 3 legislaturas depois daquela) a localidade segue sem disponher de emisora propria.
Friday, March 14, 2008
Normalización do Idioma
O decreto de galeguización do ensino non universitario, aprobado polo Consello da Xunta en xuño do ano pasado non se está a aplicar. Así o denunciaron este xoves nunha conferencia de prensa en Compostela Carlos Callón, da Mesa pola Normalización Lingüística; Anxo Louzao, da CIG-Ensino; e Xoán Costa, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Os representantes das tres entidades acusan á Consellaría de Educación de non ter o mínimo interese polo cumprimento do decreto. As tres organizacións coinciden en sinalar que o fracaso na aplicación do decreto é responsabilidade exclusiva do departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón. Cando xa transcorreu a metade do curso, a consellaría non promoveu o coñecemento do decreto entre o profesorado. Anxo Louzao subliñou que os docentes non están a recibir ningún tipo de formación específica para que poidan aplicar a normativa con éxito. Mais os problemas son tamén estruturais xa que nestes momentos a consellaría non dispón dunha subdirección xeral de Normalización Lingüística que poida asesorar aos centros e tamén velar polo cumprimento do decreto nos mesmos.A insubmisión non se penalizaOs representantes dos colectivos sinalaron que a inmensa maioría do profesorado é proclive á aplicación do decreto. Porén, tamén recoñeceron que hai casos puntuais de “insubmisión” deliberada ao decreto. Así o propio Carlos Callón sinalaba que era incomprensíbel que as autoridades educativas non requirisen aínda a algúns docentes que indicaron por escrito que non cumprían o decreto.O propio Anxo Louzao fíxolle unha advertencia a Educación, se non se toman medidas antes de que remate o curso para corrixir a situación vanlle pedir aos equipos de normalización lingüística que presenten a súa dimisión como medida de protesta.
Nova extraída de Vieiros.com baixo licenza Creative Commons
Thursday, March 13, 2008
Oriana Mendez
... Para lêr a nova completa saída na prensa podedes picar cá
Tuesday, March 11, 2008
Música
Umha das cousas que desde sempre tivemos presentes pero que fomos "quase incapaces" de levar adiante como Colectivo, estivo no eido da música. Poucas coferências com o tema (algo com o Conservatorio de Lalim ou sobre os instrumentos clássicos galegos) e mais nada foi o que Sacou chegou a realizar. É curioso que dum tempo a esta parte diversos pubs ou salas fagam proliferar, concerto tras concerto, pequenos grupos da comarca ou de todo Galiza. Suponho que haberá membros do Grupo Literario que lembraram algum que outro acto nosso a maiores.
SHINE é um destes grupos que, tras anos de existéncia, estaram na Serra de Outes tocando o repertorio do seu último disco. Parabéns para todas as iniciativas culturais que dum modo independente se organicem de cara a defessa da cultura em geral.
Friday, March 07, 2008
Viaxe a Cuba
Thursday, February 28, 2008
Obradoiro literario
Diversos escritores e afeiçoados à novela e literatura em geral ajuntárom-se em Noia para seguir as recomendaçons de David Perez
Iglesias. O curso que já leva três messes de andaina e que parece ser continuará durante os vindeiros dias, conta com membros do Sacou entre as suas filas como Ramón Blanco, amigos do Colectivo como Jose Sóñora (Joe) de ÉTEATRO, Inés ou escritores reconhecidos como Martín Veiga.
O resultado deste obradoiro será publicado em um livro de relatos editado pola editorial Toxosoutos de onde a presidenta de Sacou, Iria Lago, é directora.
Wednesday, February 27, 2008
Sacou en Cuba
sultou do máis apropiado pola súa fealdade, cutreza e lonxanía do centro da cidade). Buscando agasallos para os amigos, topamos un recopilatorio de xornais da época da Revolución, e pareceunos o mellor para o noso Moncho, o maior entusiasta que coñecemos de tódolos aspectos da cultura cubana.Na escea, o Mantedor le entusiasmado cómo fusilan a un xeneral batistián que resposta, entre irónico e sincero, 'Ya tienen su Revolución. Ahora, cúidenla".
llljhjjjkhkhkhjkh
Outro texto coa conseguinte fotografía de Manolo do Río extraidos do seu fotolog. Neste caso Habana é o sitio escollido onde tanto Manolo como Manuel Lôpez entraron en contacto con diversos escritores, poetas, etc... da illa. Foi unha mágoa que tanto o recital que se tiña previsto facer en Cuba no nome do Colectivo Sacou, como a edición dun libro dos bates Cubanos en Galiza, non chegasen a realizarse.
lll
Friday, February 22, 2008
7 Luvas (os videos)
Falavamos días atrás sobre o grupo músical "7 Lvvas" e sobre a sua influência no Colectivo Sacou. Umhas pequenas notas a maiores: Manolo (M.M. Reino), que sae nos videos tocando o baijo, foi o ilustrador do livro de Ramón Blanco e de algumhas "Caramuxas", que como bem sabedes era o vozeiro do grupo literario. Manolo também é proprietario do bar "Ummagumma" onde os escritores do Colectivo fixerom algúm que outro recital. Asimesmo, Manolo também colaborou com quadros e montagens para a exposiçom de artistas galegos que se fixerom nas "Jornadas de defessa da Cultura Galega". Fredi, o cantante (já dixemos), colaborou em A Caramuxa com textos, participou nas juntanças da Sexta feira com os Sacousos, etc, etc... "Yiyo" que toca a batería é o proprietario do bar "O trabuco" onde o Colectivo literario fixo um recital poético
Thursday, February 21, 2008
Membros do Colectivo Sacou
Así fala Manolo del Río no seu fotolog sobre esta fotografía. Os membros de Sacou que se poden ollar son (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo): Manolo del Río, Xoan Fernandez, Iria Lago, Manuel Lôpez Rodrígues, Ramón Blanco, Nacho Suarez (Flor de Toxo) e Oscar Sendón. Faltan os tamén membros do Colectivo: Ricardo de Barreiro e Anxo Otero.
Estatísticas web
Wednesday, February 20, 2008
7 LVVAS
Para os que cursamos o bacharelato no instituto de Noia Virxe do mar, lá onde nos conhecimos e no mesmo sitio onde nas
ceu o Grupo Literario Avilés e posteriormente a Tertulia Literaria Adamajuana... umha banda sonora aínda voa polo ar da Rúa Ferrador, entre o, precisamente Pub Adamajuana e a Cervejaría M-15. Quiçá estivo Ramón algumha vez sentado nas estreitas mesas de ambos lugares intercambiando absurdas palavras com Anjo, Xoán, Nacho... Quiçá algumha partida de jadrez foi o detonante para que a noite fosse mais fervente... Quiçá a música que Manolo Pechaportas ponhía naquel pracido lugar (Dylan, Neil Young...).
E é que nom podo evitar por-me nostálgico quando andamos a falar do que fora o curso mais produtivo de muitos os que acabamos fazendo realidade o milagre do Colectivo Sacou. 
A música de Fredi e os seus estivo nos nossos intres, n´A Caramuxa, nas nossas tertulias, festas (o aniversario de Iria Lago na sua casa), etc...
Os últimos actos onde estivemos xuntos forom a homenagem ao poeta Avilés em Compostela onde os "Sacousos boys & girl" acabarom fazendo umha fermosa verssom do tema "A do Candam" e no concerto expansivo de Nunca Mais em Noia.
Hoje atopei, por casualidade, a web do 7 LVVAS e quero compartila com todos vós. Dicirvos que a través dela podedes descargar os 3 discos da banda e 4 videoclips. Para mim foi todo um motivo de ledicia.
Manuel Lôpez Rodrígues
Tuesday, February 19, 2008
Balance do Ano Avilés
O 15 de novembro de 2003 saía na prensa unha nova sobre as cuartas Xornadas de Defensa dá Cultura Galega organizadas polo colectivo Sacou. Na noticia tratase dun debate entre Xabier Castro, Ávarez Cáccamo, Aurora Marco e Pepe Agrelo, coordinado por Ramón Blanco sobre o Ano Avilés (picar para lér)
Sunday, February 17, 2008
Ferve a Rede
Friday, February 15, 2008
Estibaliz Espinosa
ZOOMMM, textos biónicos é como se titula esta obra da poeta que se distribue libremente a través dunha licencia de Creative Commons
Algúns poemas podemolos escoitar recitados pola propia autora. Aquí vos ofrecemos un deles. Que disfrutedes:
Cryohibernación (picar)
Antón Avilés de Taramancos
Hemeroteca
![]()
O día 1 de Outubro de 2004 saía na prensa o acto de presentación na Casa da Cultura de Noia dunha publicación editada polo Consello dá Xuventude de Galicia e coordinada por Aurora Marco, onde se retrataba ao Poeta Avilés desde a amizade e cunha visión intima e persoal. O Colectivo Sacou colaborou cun texto que, días mais tarde, remataría por convertirse en polémico.
Na fotografía aparece no lado dereito Iria Lago, sentada na mesa dos convidados
Eis a Noticia (picar)
Thursday, February 14, 2008
Certame de contos de aventuras
O departamento de Cultura do Concello de Noia e a revista «Casa dá Gramática» convocan o "Certame de contos de aventuras 2008". As persoas interesadas en concorrer ao certame poderán facer chegar os seus traballos ás oficinas do concello ata o 4 de abril e o fallo será dado o 9 de Maio nun acto público
Ao igual que en edicións anteriores, os organizadores estableceron un único premio. Este obsequio consiste en 3.000 euros en metálico, xunto cunha escultura deseñada polo artista local Alfonso Costa e máis a publicación dá obra gañadora por parte do Concello noiés.
Para participar nesta iniciativa, só fai falta presentar un traballo inédito, dunha extensión de entre 70.000 e 100.000 carácteres, escrito en lingua galega e encadrado no xénero denominado relato de aventuras.
Para bases e mais información contactar con:
-Concello de Noia, Praza do Concello s/n 15200 Noia (A Coruña)
-Instituto Virxe do Mar, Alameda, 15200 Noia (A Coruña)
Wednesday, February 13, 2008
Xornadas defensa Cultura Galega II
Tuesday, June 26, 2007
Xornadas Defensa Cultura Galega
A segunda sesión das Xornadas de Defensa da Cultura Galega contou no ano 2003, en Noia con dous invitados de excepción, Xesús Ferro Ruibal e Xosé Chao Rego, ós que lle tocou falar do vencello do idioma galego coa Igrexa. Ámbolos dous amosáronse moi críticos ó analizar o panorama actual, pero foi sobre todo Chao Rego o que transmitiu ó público un maior escepticismo.O moderador foi un dos membros de Sacou, Manuel del Río. (Picar para lér mais)













